Os alumnos de 1º e 2º de ESO axudados pola súa mestra Gloria foron recollendo datos sobre varios tipos de cogomelos existentes no entorno do instituto.
Esta idea xurdiu a partir da exposición que se fixera no outono no vestíbulo.
Seguramente o curso vindeiro iremos aumentando este rexistro de cogomelos.
martes, 21 de mayo de 2013
jueves, 16 de mayo de 2013
O monte é a nosa vida
O pasado mércores 24 de abril viñeron darnos unha charla sobre os montes de Galicia.
Faláronnos sobre a importancia dos montes, dos tipos de árbores, dos eucaliptos, etc.
Primeiro informáronnos de datos relevantes sobre a extensión forestal de Galicia e sobre datos de produción arbórea.
Despois contáronnos os perigos e riscos dos incendios. A continuación dixéronnos que había tres tipos de bosque: oceánico, de montaña e mediterráneo.
Tamén houbo unha discusión entre un alumno e un dos conferenciantes que estaba confundido sobre o tema dos eucaliptos.
Aclarounos que os pinos do país non eran do país.
Por Manuel e Álvaro 4ºESO
Faláronnos sobre a importancia dos montes, dos tipos de árbores, dos eucaliptos, etc.
Primeiro informáronnos de datos relevantes sobre a extensión forestal de Galicia e sobre datos de produción arbórea.
Despois contáronnos os perigos e riscos dos incendios. A continuación dixéronnos que había tres tipos de bosque: oceánico, de montaña e mediterráneo.
Por Manuel e Álvaro 4ºESO
miércoles, 15 de mayo de 2013
PLANTAMOS
Algúns alumnos de 4ºESO e Mogli de 2ºBAC axudados por Manuel García estiveron plantando árbores na parte traseira do recinto do centro, aproveitando para conmemorar o día da árbore.
Este ano plantamos abeleiras que nos trouxo o noso amigo Indalecio cando veu inxertar.
A ver se teñen sorte e prenden pois xa lles caeron dúas nevadiñas enriba.
Este ano plantamos abeleiras que nos trouxo o noso amigo Indalecio cando veu inxertar.
A ver se teñen sorte e prenden pois xa lles caeron dúas nevadiñas enriba.
INXERTO
Fomos inxertar os cursos de 2º e 3º da ESO un castiñeiro duns dez anos que está no fondo do recinto do centro.
- Primeiro cortamos o tronco á altura dun metro e medio aproximadamente para poder chegar.
- Posteriormente pélase a corteza un pouco ao redor e logo introdúcese entre a corteza e o tronco un pau en forma de cuña para facer un oco onde se introduce unha rama de castiñeiro grilada, como moi ben nos explicou Indalecio de San Martín de Suarna (Mongarillo), moi experimentado no tratamento das árbores.
- Despois cubrimos ao redor cunha pasta gris para evitar posibles fungos e bactérias.
- Ao final envólvese con cinta aislante e se se quere pódeselle poñer unha bolsa por enrriba para aislar algo do frío.
NA FONSAGRADA HABERÁ PRIMAVERA FLORAL
O alumnado de 1º ESO xunto coa mestra Inés adícanse ó acondicionamento da frenteira esquerda do centro.
| Ai Manueliño, Manuel... |
- Cada neno adopta unha pranta ou arbusto da parcela do "OVO".
- Con sacho arrincamos marañas e marañas de ortigas. Con coitelos: carrelos, mexacáns, estoupaburros,...(malas herbas).
- Recortamos raíces do invasor cinamomo (a poda xa fora no seu mes).
- Cavouse a terra do óvalo. Arredor e en puntos simétricos botámo-los bulbos: lilium, gladiolos, narcisos, xacintos, iris,... No resto do espazo acomodámo-las margaritas africanas (xerberas).
| COMEZAMOS POLA ENTRADA |
viernes, 10 de mayo de 2013
4º PDC TAMÉN PODA
Os alumnos de 4º PDC do IESP Fontem Albei estiveron podando as roseiras e arbustos da parte frontal do centro alá polo mes de marzo. Traballaron moi duramente no único día do mes que non choveu. Fixérono botándolle moitas ganas pois a cousa estábache moi moi complicada.
Pola tarde axudáronlles un pouquiño algúns alumnos de 1º de ESO.
Como esto xa foi fai uns días, agora os arbustos xa están en todo o seu esplendor e podemos ver a diferenza.
jueves, 9 de mayo de 2013
AS MARCAS NOS NOSOS SOUTOS
MARCAS NOS NOSOS SOUTOS - A FONSAGRADA
A partir do traballo que se fixera no outono no vestíbulo acerca do magosto e os nosos soutos, os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO do IESP Fontem Albei, coordinados pola súa mestra Gloria, realizaron un traballo de recollida das marcas que se facían antigamente nos castiñeiros.
Os rapaces foron casa por casa preguntando a veciños, familiares e amigos, posto que cada casa ten a súa propia marca, que moitas veces, en distintas aldeas aparecen repetidas.
O vindeiro ano aumentaremos este rexistro de marcas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)