miércoles, 30 de noviembre de 2016

Compost

O alumnado da FPB despois de asesorarse sobre os cultivos,plaguicidas e cultivos ecolóxicos, avanzaron buscando información sobre a reciclaxe e selección de residuos orgánicos para facer compost  e crearon un compostador a partir dun bidón.
Este curso imos tentar producir o noso propio compost para o horto.






miércoles, 23 de noviembre de 2016

Magosto e marcas nos castiñeiros

Aproveitando a chegada da celebración do magosto os alumnos e alumnas de 1º e 2º da E.S.O. fixeron un traballo de investigación e recopilación das antigas marcas que cada casa facía nos seus castiñeiros.
Con elas fixemos unha exposición na entrada do Instituto. Foi un traballo  moi interesante e importante para non deixar no esquecemento os antigos costumes da zona.
Podedes ver todas as fotos no album do Facebook do Instituto ou facenco click AQUÍ






Vídeo magosto

Temos o vídeo sobre a exposición do magosto recén saído da edición. Se queredes velo, facede click AQUI

martes, 22 de noviembre de 2016

Recollida de lixo no río Lamas

Aproveitando tamén a saída ao río Lamas, pola tarde houbo unha rolda de "Patrulla Verde" limpando as beiras do río en Cereixido que é o tramo no que facemos a intervención.
Con parte dos desperdicios atopados, os alumnos a alumnas que son todos uns artistas, foron capaces de facer land art. Aquí deixamos a mostra.






Nas seguintes fotos podemos ver como traballaron a reo recollendo lixo





lunes, 21 de noviembre de 2016

Land Art no río Lamas







Aproveitando a saída ao río Lamas, os alumnos fixeron gala das suas dotes para as artes plásticas e deixáronnos estas fermosas pezas de land art, feitas con materias e materiais atopados ao redor do tramo do río Lamas no que estaban a facer a intervención dentro do Paln Proxecta "Proxecto Ríos". POdedes ver todas as fotos no Facebook do Instituto, facendo click AQUI


domingo, 20 de noviembre de 2016

A "Patrulla Verde"

Como somos moi observadores, non nos deu  moito traballo ver que os arredores do Instituto están algo descoidados en canto a lixo se refire.
Por iso, queremos facer unha "Patrulla Verde" que se encargue de facer informes sobre o estado dos arredores do Instituto e concienciar aos seus compañeiros sobre a importancia de manter limpo o noso Instituto e extendelo ao resto da Terra.
Como mostra, aportamos unhas fotos de lixo atopado nas escaleiras do Polideportivo.
Seguiremos patrullando, limpando e concienciando.



Os nosos cogomelos

Ao longo do mes de outubro e novembro e en colaboración co EDL montamos unha exposición con exemplares de cogomelos aportados por alumos e profesores.
Todos eles foros recollidos na contorna próxima
Fixemos este vídeo para mostrar o bonita que nos quedou a exposición. Esperamos que vos guste.
Tamén podedes ver todas as fotos no Facebook do Instituto.




viernes, 18 de noviembre de 2016

Andaina de outono

Este ano, coma nos anteriores, tivemos a nosa andaina de outono. Fixemos o tramo do Camiño Primitivo a Santigo de Compostela comprendido entre O Acebo e Fonsagrada. Achegámonos a ver onde fora enterrado e axusticiado o Comandante Moreno e despois emprendiños camiño.
Ao longo do noso camiñar fomos recollendo lixo que fumos atopando ás beiras do camiño, e ainda conseguimos encher un par de bolsas de basura. Un dos obxectivos deste curso é concienciar sobre o coidado danosa contorna e poñeremos en marcha unha "Patrulla verde" que se encargará de velar pola limpeza, en principio, do entorno do noso Instituto.
Aqui deixamos un par de fotos nas que se pode ver parte do lixo que recollemos. Podedes ver todas as fotos da andaina no facebook do Instituto, facendo click AQUI



O outono

Xa estamos no outono, e para recordar un pouco que é o que pasa nesta estación, os alumnos da Aula 1 volvemos a revisar os proxectos que fixeramos sobre esta estación. Aqui podemos ver o de Lucía Fernández



jueves, 17 de noviembre de 2016

Before the flood

No salón de actos do Instituto proxectouse o documental Before the Flood, que o activista ecolóxico e actor Leonardo Di Caprio prodciu e dirixiu para intentar concienciar sobre o cambio climático. Foi un bo momento para reflexionar e pararnos a pensar o que deberiamos mellorar en canto á nosa relación co medio natural.


miércoles, 16 de noviembre de 2016

Retornamos

Ola de novo. Aquí estamos un novo curso enrolados para aprender e comprender, para coidar e concienciar, para divertirnos e compartir con todos e todas as nosas paisaxes, e as intervencións que faremos nela.
Benvidas e benvidos a todas e todos de  novo. Comezamos!