jueves, 30 de marzo de 2017

O European Summit en Radio Albei

Os nosos compañeiros de RAdio Albei dedicaron o seu programa semanal ao European Summit: Un Camiño, mil culturas
Aquí o tedes por se vos interesa escoitalo.

miércoles, 29 de marzo de 2017

Entrega de solicitude

Hoxe levamos unha solucitude ao Alcalde da Fonsagrada pendíndolle que viñeran recollera o lixo que hai ao rededor do Instituto. Entregamos unha solicitude en Rexistro e quedamos cunha copia. Agora esperamos que veñan limpar.

lunes, 27 de marzo de 2017

martes, 21 de marzo de 2017

Inspeccíon de lixo da Patrulla verde

O venres día 17 de marzo, a Patrulla verde foi polos xardíns comprobando  se había lixo no chan.

Patrulla verde de inspección


Empezamos a recoller lixo porque había moito dentro e fóra do instituto.







 Enchimos unha bolsa grande de lixo onde había: plásticos, cartóns, latas, cristal, material escolar.




Decidimos escribir unha solicitude ao Concello pedíndolles que veñan limpar o lixo que hai dentro e ao redor do Instituto.


Día da árbore

Hoxe conmemoramos o día da árbore cunha charla sobre diferentes especies arbóreas e cunha plantación de árbores na parte posterior do Instituto.

lunes, 20 de marzo de 2017

Axuda para a poda

Estamos convencidos de que o coidado do noso entorno e a concienciación sobre ese coidado e a apreciación da riqueza natural é unha cousa de todos. E para demostralo, estamos tendo pais de alumnos que veñen a axudarnos a manter o xardín e as árbores do noso centro en perfectas condicións. Esta vez foi JOsé MAnuel, o pai de Igor de 1º da E.S.O. quen de achegou de maneira voluntaria ata o centro para axudar coa poda.
Moitas grazas pola axuda e estamos desexosos de que se repita!




viernes, 17 de marzo de 2017

Horto escolar

Os rapaces de FPB prepararon o terreo na parte de atrás do Instituto, ao lado da caseta metereolóxicapara poder empezar co Horto escolar.
Ademáis buscaron información sobre asociacións de cultivos e plaguicidas ecolóxicos e unha vez que tiñan información sobre o tema decidiron que cultivos sementar.Está sendo unha boa experiencia que nos axuda a coñecer polo miúdo a importancia da formación e información para sacer un  maior rendemento aos cultivos.






martes, 7 de marzo de 2017

Pedras pisapapeis

Na saída ao río Lamas os alumnos da Aula 1 recolleron pedras no río. E transformámolas en pedras pisapapeis, ao tempo que aprendemos cousas tanto do río como das pedras. Foi un traballo divertido.
Podedes velo facendo click AQUÍ





lunes, 6 de marzo de 2017

Preparándonos para reciclar

O alumando de 1º da ESO na clase de Ed.Plástica están preparando os contenedores para o proxecto de reciclaxe deste curso. Están aprendendo moito cobre reciclaxe, e ao final crearán un vídeo explicando como debemos reciclar.