miércoles, 19 de abril de 2017
Reciclamos mogollón
Os alumnos de 1º da ESO e os seus profesores de Educación Plástica e Bioloxía puxéronse mans á obra para concienciarnos sobre a reciclaxe. Se queredes aprender a reciclar correctamente non vos perdades o seguinte video.
miércoles, 5 de abril de 2017
ESTADÍSTICA NO CAMIÑO
Aproveitando o Cumio que se celebrou no centro a principios de Abril, e como traballo previo dentro da súa investigación, os alumnos de 2ºESO fixeron unhas enquisas á comunidade educativa do centro para obter información que lles servise para apoiar os seus argumentos.Mostra deso son algunhas das enquisas que fixeron que amosamos aquí e tamén as conclusións que obtiveron das respostas. Non poñemos todo por non facernos demasiado pesados...
Esto serviulles para traballar a parte de estatística dunha forma máis lúdica e aplicala a contextos reais. Tamén traballaron coa folla de cálculo para calcular os parámetros estatísticos e xerar os gráficos.
Mirade como traballaron!!!
lunes, 3 de abril de 2017
European Summit: Un Camiño, mil culturas
Ao longo da mañá de hoxe celebrouse o Cumio Europeo "Un Camiño, mil culturas" no que se debatiron e votaron as mellores ideas para que o Camiño de Santiago ao seu paso pola FOnsagrada tivese un mellor aproveitamento e fose mais sustentable. SAliu elexida gañadora a idea presentada polos alumnos de 2º da ESO Fernando, Alba, Lucía, Uxía e Ana.
Estes alumnos presentaron Pepelegrín unha app moi útil. Parabens aos seus creadores.
Se queredes ver todas as fotos podedes facer click AQUI
Estes alumnos presentaron Pepelegrín unha app moi útil. Parabens aos seus creadores.
Se queredes ver todas as fotos podedes facer click AQUI
Suscribirse a:
Entradas (Atom)