jueves, 4 de febrero de 2016

LIMPEZA DO XARDÍN

Un ano máis iníciase o proceso de poda e acondicionamento do xardín da parte dianteira do centro, esta vez foron a profe de lingua castelá Inés e varios dos seus alumnos que pudorosamente non quixeron saír nas fotos.
Ánimo rapaces que na próxima saídes

miércoles, 3 de febrero de 2016

Empezando o proxecto de inverno

Como cambiamos de estación,tamén cambiamos de proxecto. Tócanos agora aprender sobre o inverno.
Aquí estamos Alba e Lucía empezando a investigar. Concretamente hoxe investigamos sobre as festas que hai no inverno na Fonsagrada, e a que mais nos gusta é a Feira do Butelo.