domingo, 29 de mayo de 2016

SIMETRÍAS NO XARDÍN DO IESP FONTEM ALBEI

Aproveitando a chegada da primaveira tras un longo e chuvioso inverno os alumnos de 1º ESO saímos ó xardín para observar simetrías na natureza, especialmente nas follas e flores das plantas.
Entre todos atoparon as seguintes simetrías.



miércoles, 25 de mayo de 2016

CONSTRUCCIÓN DUN GONIÓMETRO


Os alumnos de 4º ESO no taller de tecnoloxía construíron un goniómetro caseiro, que é un sinxelo aparato que se usa para medir ángulos, coa finalidade de empregalo máis tarde para medir alturas.

Para esto simplemente usaron un medidor de ángulos, un casco dun boli bic (gastado por suposto), fío e unhas torcas para facer a plomada.

Evidentemente, son conscientes de que as medicións non son todo o exactas que desexaríamos.



Este é o resultado:

Noraboa rapaces!! O voso traballo deu fruto!!

miércoles, 18 de mayo de 2016

ÁREAS E VOLUMES EN "EL QUIJOTE"

Posteriormente á lectura de "El Quijote" os alumnos de 2º ESO identificaron figuras xeométricas nos distintos muíños que aparecían nas imaxes.

Foron alí con cinta métrica, lápiz e papel e fixeron un croquis onde anotaron as medidas que consideraron necesarias para máis tarde calcular as áreas laterais, totais e volume dos distintos cilindros, conos e prismas.

Con esas medidas posteriormente confeccionamos unha ficha en forma de táboa onde ser resumía toda a información obtida e tamén aparecen os cálculos que foron necesarios.



martes, 17 de mayo de 2016

RECITADO DE POEMAS DE MANUEL MARÍA NA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Co gallo do Día das Letras Galegas o grupo de 4º da ESO fixeron o día 14 de maio un recitado de poemas de Manuel María, buscaron imaxes para crear un material de apoio visual a este recitado e moitas fan referencia á paisaxe tendo en conta o apego á terra e á paisaxe que este autor mostra nos seus versos.



Se queredes ver as fotos do recitado están aquí.


martes, 3 de mayo de 2016

ESTUDIANDO A XEOMETRÍA NO DÍA DO LIBRO



 













O  dia 22 de abril e para celebrar o Día do libro no que se conmemoraba o 4º centenario da morte de Cervantes,  no instituto estivemos lendo entre todos o Quijote de forma ininterrumpida dende a primeira hora ata que fomos xantar.

   Os alumnos de 2º de ESO que traballamos en matemáticas as figuras espaciais mentres escoitabamos aos nosos compañeiros fixámonos no decorado que había no fondo e atopamos varias figuras que identificamos, e máis tarde tomamos medidas para calcular áreas e volumes.

Nos muíños de vento fácilmente identificaron cilindros na base e conos no tellado, e no muíño de madeira atoparon un prisma cuadrangular na base e concluíron que o teito era a metade doutro prima rectangular. Este muíño foi construído polos alumnos de 3º ESO no taller de tecnoloxía.