martes, 31 de enero de 2017

A "Patrulla Verde"

Xa temos a "Patrulla Verde" en funcionamento. Aproveitando o tempo seco e solleiro da semana pasada, catro intrépidos patrulleiros percorreron a contorna do edificio do Instituto na busca e captura de lixo. E abofé que fixeron unha boa rolda de patrullaxe.
Seguiremos informando sobre as próximas accións da "Patrulla Verde".





sábado, 28 de enero de 2017

ANIMALÍSIMOS

O comportamento humano ás veces non está tan lonxe do animal. Mirade que pensan ao respecto o alumnado de 4º da ESO e das extraordinarias descrcións literarias que son capaces de crear.

 E é que o home non deixa de ser un animal, quizais por iso deberíamos en moitas ocasións mellorar o noso trato e a nosa convivencia con todas as especies.


">

jueves, 19 de enero de 2017

CANTIGUEANDO


Tamén os alumnos e alumnas de 1º de BAC estiveron enredando no pasado trimestre cos versos e fixeron as súas propias creacións usando o molde das forma das cantigas de amigo da lírica medieval galego-portuguesa. Como nestas as referencias á paisaxe non podían faltar. Este enredo marabilloso fíxonos ver que a lírica medieval ten moito de actual e hai temas que son universais en todos os tempos. 

Publicamos aquí estas creacións para que poidades difrutar delas tanto como o fixeron estes xograres e xograresas no seu obradoiro.


FACEMOS O NOSO PROPIO CAMIÑO

 O alumnado de 4º da ESO están feitos todos uns poetas! Na primeira avaliación en Lingua Galega afondamos na lírica das Irmandades da Fala e logo de ler e traballar co poema de Ramón Cabanillas "Camiño longo", onde a paisaxe ten unha gran presenza para simbolizar emocións do poetas, os rapaces e rapazas decidiron facer o seus propios poemas dos que vos deixamos aquí boa mostra.

 Parabéns a tod@s! E a seguir así!