martes, 15 de diciembre de 2015

O ROCK DO PORCO CELTA





O ROCK DO PORCO CELTA
Alá polo San Martiño nas clases de 1º de BAC estivemos vendo a descrición e para traballala na aula recorremos a unha canción na que vimos as características deste tipo de textos. Ademais, aproveitando a data, escollemos como cantiga, un rock and roll para ser exactos,  na que se describe o porco celta, unha raza de cocho propia destas nosas terras da Fonsagrada.
A  letra da canción titulada” O rock do porco celta” do disco Tic tac de Pablo Díaz  é a seguinte:
20151203_222316.jpg




Primeiro escoitámola enchendo coas palabras que faltaban nos ocos baleiros que a profesora puxo (sobre todo substantivos e adxectivos).
Cando rematamos a primeira actividade pasamos a ver as características lingüísticas propias dos textos descritivos que se plasmaban no texto. Serviunos tamén esta parte para ver os trazos físicos do porco celta e algún trazo máis sobre o seu carácter que foron creados pola imaxinación de Pablo Díaz, autor da canción.
Por ultimo, os alumnos e as alumnas en parellas e nun grupo de tres, seguindo como modelo esta canción, crearon a súa propia letra facendo tamén unha descrición, a maioría saíron de animais.
E como o noso proxecta recolle tarefas feitas sobre a nosa contorna (incluída fauna), aquí vos amosamos os resultados:


ROCK DA XOANIÑA
Eu son un insectiña
de cor vermelliña
e  ben feliz que son.


Eu teño unha vecíña
que come cabaciña
e nunca di que non.


Teño seis patiñas
e antenas cor marrón
pinquiñas negras
unha xoaniña  eu son.


Gústanme moito as flores
que teñan vivas cores,
e herbas con frescor.


E ligo con escarabellos
que son moi cabaleiros
e molan mogollón.


[retrouso]


Eu son un insectiño
que vai nadar no río,
moi deportista eu son


Tamén son moi coqueta
como unha bolboreta,
unha xoaniña eu son.


[retrouso]


         María Castro e Andrea Robledo (1º Bac)


ROCK DA PITA CHOCA
Eu son unha pita choca
de plumaxe colorida,
e contenta que estou.


Eu poño bos oviños,
onde nacen pitiños
e con eles eu vou.


Teño crista longa
e o bandullo cargadón
amigas no poleiro.
Unha pita feliz eu son.


Gústanme os poleiros.
brincar e durmir neles,
lonxe do raposón.


Eu merendo …….???????
e faragullas con pan.
Barriga chea eu son.


[retrouso]


Eu son unha pita choca,
viaxo á pata coxa.
Unha galiña eu son.


Tamén son moi rapeira
e algo argalleira
Un animal eu son.


[retrouso]


         Ana Fernández e Ángel Gegunde (1º Bac)


ROCK DA CABRA MONTESA
Eu son unha cabra montesa
de cor branca e vermella
e contenta que estou.


Eu teño boas amiguiñas
que tamén son cabritiñas
e con elas eu vou.


Eu teño cornos longos
e ollos moi saltóns,
caídos os tetos.
Unha cabriña eu son.


Gústanme as penas
saltar e brincar nelas
e dar un vorcallón.


Eu como toxos verdes
co meu noivo o castrón,
barriga chea eu son.


[retrouso]


Eu son unha cabra montesa
e non viaxo con présa,
cabra molona eu son.


Guíame o meu pastor
sempre ao meu carón,
Unha cabra eu son.


[retrouso]


        David Fernández e Vanja Perona (1º Bac)


A seguinte non describe un animal, senón a un neno pero tamén ten unha mascota.

ROCK DO NENO FORTE
Eu son un neno forte
que ten moita sorte
e ben san que estou.


Eu teño unha tenda,
non teño quen ma atenda
que soíño que estou!


Teño un can marelo
co rabiño moi grandón
patas moi curtiñas
e feliz con el eu son.


Gústame Doraemon.
sacar cousas do peto,
que contento estou!


Gústanme os bocadillos
de chourizo ou xamón.
Un barrigón eu son.


[retrouso]


Son un neno de Galicia
miña nai chámase Alicia.
Son un neno molón.


Tamén son estudante
e algo repugnante.
Un chafallón eu son


[retrouso]
       
                                                                  Alejo Asumo, José Luís Couso e
                                Jorge Fernánd


viernes, 4 de diciembre de 2015

Mural de outono de Roberto

O meu primer proxecto foi  o de outono. Busquei informacion  sobre el outono e fixen fotos das paisaxes de outno na Fonsagrada..

O mural do outono de Rubén

O primeiro proxecto que fixen este ano no recuncho do saber foi sobre o outono.Cos meus compañeiros investiguei sobre o outono.Aprendín sobre música de outono e pintores que pintaron cadros de outono.O que mais me gustou no meu mural foi facer a árbore que vai no medio e a interpretación musical de Vivaldi.



Mural de outono de Alba e Lucía

Cando xa sabiamos moitas cousas do outono, con toda a información que tiñamos, fixemos un  mural. Falamos sobre que é o outono, canto meses dura, que froitos hai en outono e que festas hai en outono.
Fixemos unha interpretación do Outono de Vivaldi e démoslle cor a cadros de outono de Arcimboldo, Van Gogh e Afremov.
Tamén limos poemas de outono de autores como Gloria Fuertes, Federico García Lorca e Antonio García Teijeiro.
Así de bonitos quedaron os noso murais nos que usamos fotos de paisaxes e de froitos de outono feitas na Fonsagrada.





lunes, 30 de noviembre de 2015

Proxecto de outono

Alba,Lucía, Rubén e Roberto empezamos co primeiro proxecto no recuncho do saber sobre o outono.
Para empezar puxemos nun folio todas as cousas que nos parecia importante coñecer sobre o outono. Cando xa tiñamos decidido que era o que queríamos aprender, empezamos a investigar. Aprendimos cantos meses dura o outono. Aprendimos sobre os froitos de outono e as festas. Tamén aprendimos que hai pintores e escritores que dedicaban obras ao outono.
O outono sirve de inspiración para algúns compositores que tamén aprendimos sobre eles.
Cando xa tiñamos todo claro puxemos todo o que nos pareceu importante nun mural. Ese foi o primeiro paso. O segundo consistiu en facer unha presentación en power point que poderedes ver no blog do recuncho do saber ou facendo click AQUI para o de Lucía e AQUI para o de Alba. Rubén fixo este proxecto que podedes ver facendo click AQUI e o de Roberto se facedes click AQUI
Aprendimos moitas cousas sobre o outono.




miércoles, 25 de noviembre de 2015





           
CAMIÑATA  : A FONSAGRADA-PARADAVELLA



 

O día 10 de Novembro os alumn@s acompañados de seis profesores do centro fixemos unha camiñata polo trama do camiño Primitivo de Santiago, A Fonsagrada-Paradavella, pasando pola Pobra de Burón.

Saímos todos xuntos do instituto da Fonsagrada pola mañá, andamos por corredoiras, pola estrada e cruzamos algunhas aldeas do concello.  Pasamos pola Pobra , a antiga capital das terras de Burón onde  nos amosaron a igrexa parroquial. Seguimos o camiño pasando por pradeiras onde había gando, e por carreiros onde tiñamos que pasar de un en un.


Chegamos, á hora de comer, ás ruinas do Hospital de Montouto situada na Ruta do Hospital, onde comemos os bocadillos e descansamos facendo fotos ás contrucións, dolmen, paisaxe, e entre nós. Seguimos o camiño, xa moitos cansos. Algúns rapaces caeron na ruta, xa que nalgúns tramos o chan era de pedra rochosa e supuña algunha dificultade pasalas, noutros treitos o camiño atopábase asolagado e esvarábase.


Polo camiño , antes de chegar a Paradavella,fixemos numerosas paradas para beber e descansar. Demos chegado a Paradavella antes da hora. Agardamos que algúns compañeiros fosen ao baño e montamos nos autobuses. Despois dun pedazo chegamos ao instituto . A moitos encantounos esta curta viaxe.
 



Laura García- Alumna 4º ESO









miércoles, 14 de octubre de 2015

SOLICITUDES AO CONCELLO

O alumnado de 2º ESO viron na aula como se redacta unha solicitude e a ordenador cada alumno/a fixo unha solicitude seguindo as pautas ortográficas, morfolóxicas e estruturais no que se lle pedía ao concello a posibilidade de dispor na vila instalacións que fomenten o deporte e visa sá.


miércoles, 30 de septiembre de 2015

ANUNCIO PUBLICITARIO SOBRE A CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL:

En 2º ESO Fixemos unha lectura sobre un texto que trataba sobre as formas de contribuír a manter en boas condicións a natureza.

Os rapaces e rapazas contestaron unhas preguntas sobre este texto por escrito para avaliar a súa comprensión lectora.

Logo de obter esta información e de ver na aula os textos publicitarios, cada alumno e alumno fixo un anuncio con ilustración e texto ( uns a man e outros con ordenador) para concienciar ao público de que debemos ser coidadosos co noso patrimonio natural.


Compartidos contigo en drive ( Naor, Isabel, ....)







miércoles, 24 de junio de 2015

A Paisaxe nos Beizos (The Landscape in your lips)

Tarefa na que os alumn@s de 4º ESO fixeron unha escolma de ditos en
galego nos que se fai algunha referencia á paisaxe.

Task in which 4th year students made a selection of sayings in
Galician in which some reference to landscapes is made.



Carta da Paisaxe (Letter from The Landscape )

Carta da paisaxe para A fonsagrada creada polos alumnos de 1º da ESO do
 IES Fontem Albei

A letter from the Landscape to A Fonsagrada created by the students of the 
1st year ESO of the IES Fontem ALbei


A Curriza (place where chestnuts are laid to ripe)



Traballo sobre a curripa feita por María Gloria Fernández Arias

Work on the curripa made by María Gloria Fernández Arias


A Pombal (The Pigeon Loft)

Traballo sobre o pombal feito por Victor Enríquez


Work on the pigeon loft made by Victor Enríquez


A Lareira

Traballo de Etnografía sobre a lareira feito por Jorge Pérez López






martes, 12 de mayo de 2015

Flaminio o Zoqueiro

Dentro da serie retratos, os alumnos de 4ºcurso da ESO, fixeron este
retrato de Flaminio o zoqueiro.



martes, 5 de mayo de 2015

Os nomes das casas

Os alumnos de cuarto curso da ESO dentro do proxecta cine en curso fixeron
este vídeo no que se conta cal é a procedencia do nome da casa. Na Fonsagrada,
como noutros lugares de Galicia,  e común que se coñezan as casas polo nome
do propietario actual ou polo alcume de anteriores propietarios.






Pesca sin Morte


Actividade de pesca sin morte no río Lamas, o alevín de troita que aparece
no vídeo foi devolto ao río sen ningún tipo de problema.





lunes, 4 de mayo de 2015

Travelling na Neve

Os alumnos de cine en curso estan a facer videos vinculados á Fonsagrada 
neste, vemos as dificultades nas comunicacións cando neva, ao mesmo tempo que 
 mostra unha fermosa estampa digna de latitudes máis septentrionais.  
Travelling na neve feito por Jonathan