martes, 15 de diciembre de 2015

O ROCK DO PORCO CELTA





O ROCK DO PORCO CELTA
Alá polo San Martiño nas clases de 1º de BAC estivemos vendo a descrición e para traballala na aula recorremos a unha canción na que vimos as características deste tipo de textos. Ademais, aproveitando a data, escollemos como cantiga, un rock and roll para ser exactos,  na que se describe o porco celta, unha raza de cocho propia destas nosas terras da Fonsagrada.
A  letra da canción titulada” O rock do porco celta” do disco Tic tac de Pablo Díaz  é a seguinte:
20151203_222316.jpg




Primeiro escoitámola enchendo coas palabras que faltaban nos ocos baleiros que a profesora puxo (sobre todo substantivos e adxectivos).
Cando rematamos a primeira actividade pasamos a ver as características lingüísticas propias dos textos descritivos que se plasmaban no texto. Serviunos tamén esta parte para ver os trazos físicos do porco celta e algún trazo máis sobre o seu carácter que foron creados pola imaxinación de Pablo Díaz, autor da canción.
Por ultimo, os alumnos e as alumnas en parellas e nun grupo de tres, seguindo como modelo esta canción, crearon a súa propia letra facendo tamén unha descrición, a maioría saíron de animais.
E como o noso proxecta recolle tarefas feitas sobre a nosa contorna (incluída fauna), aquí vos amosamos os resultados:


ROCK DA XOANIÑA
Eu son un insectiña
de cor vermelliña
e  ben feliz que son.


Eu teño unha vecíña
que come cabaciña
e nunca di que non.


Teño seis patiñas
e antenas cor marrón
pinquiñas negras
unha xoaniña  eu son.


Gústanme moito as flores
que teñan vivas cores,
e herbas con frescor.


E ligo con escarabellos
que son moi cabaleiros
e molan mogollón.


[retrouso]


Eu son un insectiño
que vai nadar no río,
moi deportista eu son


Tamén son moi coqueta
como unha bolboreta,
unha xoaniña eu son.


[retrouso]


         María Castro e Andrea Robledo (1º Bac)


ROCK DA PITA CHOCA
Eu son unha pita choca
de plumaxe colorida,
e contenta que estou.


Eu poño bos oviños,
onde nacen pitiños
e con eles eu vou.


Teño crista longa
e o bandullo cargadón
amigas no poleiro.
Unha pita feliz eu son.


Gústanme os poleiros.
brincar e durmir neles,
lonxe do raposón.


Eu merendo …….???????
e faragullas con pan.
Barriga chea eu son.


[retrouso]


Eu son unha pita choca,
viaxo á pata coxa.
Unha galiña eu son.


Tamén son moi rapeira
e algo argalleira
Un animal eu son.


[retrouso]


         Ana Fernández e Ángel Gegunde (1º Bac)


ROCK DA CABRA MONTESA
Eu son unha cabra montesa
de cor branca e vermella
e contenta que estou.


Eu teño boas amiguiñas
que tamén son cabritiñas
e con elas eu vou.


Eu teño cornos longos
e ollos moi saltóns,
caídos os tetos.
Unha cabriña eu son.


Gústanme as penas
saltar e brincar nelas
e dar un vorcallón.


Eu como toxos verdes
co meu noivo o castrón,
barriga chea eu son.


[retrouso]


Eu son unha cabra montesa
e non viaxo con présa,
cabra molona eu son.


Guíame o meu pastor
sempre ao meu carón,
Unha cabra eu son.


[retrouso]


        David Fernández e Vanja Perona (1º Bac)


A seguinte non describe un animal, senón a un neno pero tamén ten unha mascota.

ROCK DO NENO FORTE
Eu son un neno forte
que ten moita sorte
e ben san que estou.


Eu teño unha tenda,
non teño quen ma atenda
que soíño que estou!


Teño un can marelo
co rabiño moi grandón
patas moi curtiñas
e feliz con el eu son.


Gústame Doraemon.
sacar cousas do peto,
que contento estou!


Gústanme os bocadillos
de chourizo ou xamón.
Un barrigón eu son.


[retrouso]


Son un neno de Galicia
miña nai chámase Alicia.
Son un neno molón.


Tamén son estudante
e algo repugnante.
Un chafallón eu son


[retrouso]
       
                                                                  Alejo Asumo, José Luís Couso e
                                Jorge Fernánd


No hay comentarios:

Publicar un comentario