viernes, 27 de junio de 2014

A VEXETACIÓN DA FONSAGRADA

Os alumnos de 3ºPDC xunto coa súa profe de ámbito científico Carmen fixeron un amplo estudo acerca de diversas árbores e arbustos que podemos atopar no recinto do centro e nos seus arredores.
Con esto pretenden achegarse máis á natureza e ter un coñecemento máis amplo da flora que nos rodea.
Este ano adicáronse a: bidueiro, xestas, salgueiro, amieiro, castiñeiro, figueira e freixo, estudando para cada un deles as follas, tronco, cortiza, froitos e utilidades. Pretenden continuar este estudo en anos vindeiros.
Unha vez recollidos os datos e tomadas as fotografías fixeron unha presentación na que lles axudou o profe de tecnoloxía Julio.
O resultado foi moi satisfactorio.


PAISAXE E CLIMA

O alumnado de 3º de ESO, axudado polo seu profe Miguel Carricoba realizou o seguinte traballo:
Cada alumno elixiu un lugar de Galicia que contase cunha estación meteorolóxica:
O Xipro
Viveiro
Lugo
Monforte
Cervantes (Os Ancares)
Vigo
A Coruña
Ourense
Recolleron os datos meteorolóxicos dos últimos 6 anos e elaboraron o seu climograma. Logo cada alumno buscou imaxes de paisaxes dese lugar con axuda da páxina Panoramio.
Logo, fíxose unha análise comparativa entre os distintos climas e as distintas imaxes, localizando elementos comúns e diferentes, sacando conclusións de como as variantes climáticas inciden nas paisaxes.

Podedes ver todo o traballo que fixeron aquí.

jueves, 26 de junio de 2014

IMAXINAMOS E DESEÑAMOS CIDADES

Propúxoselle ao alumnado de 1º da ESO que imaxinasen e deseñasen a súa propia cidade. 
Este traballo foi posterior a ter estudado e visitado a cidade de Santiago de Compostela, tendo sempre como referencia o seu plano. Con estas actividades introducímonos na representación dos espazos en dúas dimensións.
Algunhas das cidades imaxinadas polos alumnos e alumnas poden observarse nas seguintes imaxes.

ANÁLISE DE ESPAZOS

O alumnado de 1º e 3º da ESO estudou distintos espazos da Fonsagrada. Estes traballos conteñen unha memoria descritiva do espazo, a localización deste nun plano, debuxos, fotografías e entrevistas ás persoas que usan eses lugares. O obxectivo final desta actividade consistiría en que o alumnado fixera propostas coas que mellorar as condicións dos diferentes espazos, aínda que por falta de tempo este obxectivo non se acadou.

Como exemplo desta actividade expoñemos o traballo sobre Freixo feito por Laura, Alba e Lucía de 1º da Eso e o traballo sobre o Obradoiro de birimbaos realizado por María, Andrea, Luís e Jorge de 3º da ESO.



miércoles, 25 de junio de 2014

VÍDEOS 4ºESO

Varios alumnos de 4º ESO en informática fixeron uns vídeos sobre as distintas actividades que se levaron a cabo durante o ano.
Concretamente estes dous amósannos a poda das plantas do recinto e a limpeza do frente do instituto respectivamente.
Noraboa rapazas que ben traballades!!



Este outro vídeo mostra a evolución do horto. Podes velo aquí.




viernes, 20 de junio de 2014

SIMETRÍAS NO XARDÍN DO IES




Os alumnos de 1º ESO decatáronse de que as simetrías nos rodean e tomaron unhas bonitas imaxes no recinto do IES.

4º ESO TRABALLANDO NO XARDÍN

Varios alumnos de 4ºESO instigados pola profe Inés arrancamos un raizón dun pradairo. Tivemos que tirar e cavar moito porque o raizón estaba moi enterrado. Pero ó final conseguímolo!!!
Tamén podamos e demos forma ó ovoide de dirección con moito coidadiño de non pisar as plantas que había dentro.



jueves, 19 de junio de 2014

TRABALLANDO CON ÁREAS E PERÍMETROS

Despois de plantar no horto os alumnos de 1ºESO tomaron medidas das distintas parcelas en que se repartiu o horto. Mediron tamén o espazo que ocupa a caseta meteorolóxica.
 Ó remate do traballo de campo fixeron un esbozo do horto coa forma e medidas e máis tarde, na aula calcularon as súas áreas e perímetros.
Tamén apreciaron que as parcelas teñen formas xeométricas: cadrado, rectángulo e trapecio rectangular.
Poñemos aquí dúas imaxes para que sirvan de exemplo do traballo realizado:

lunes, 16 de junio de 2014

As nosas árbores

Alba e Lucía, do G.E. de 1º da ESO nas suas horas na aula de P.T. realizaron un traballo sobre as árbores do entorno, como xa contamos noutra entrada deste blog.
O traballo culminou nun mural no que se explica cada unha das árbores escollidas, e se complementa cunha foto e a corteza da árbore calcada.
Aprenderon moito e quedaron ben satisfeitas coa obra final do seu traballo.



miércoles, 11 de junio de 2014

SAÍMOS NA PRENSA!!!



O xornal "La Voz de Galicia" fíxose eco da nosa labor traballando no horto.
Concretamente vemos ós alumnos de 3ºPDC e 1ºESO preparando a súa parceliña.

martes, 10 de junio de 2014

Animación en stop motion. Un día no campo

Alba e Lucía, unha vez que xa remataron as suas pedras contahistorias, puxéronse a crear o seu propio conto. E ademais fixeron unha animación dese conto en stop motion. O título, como non podía ser doutro xeito é "Un día no campo". Podedes ver o resultado facendo click AQUI

sábado, 7 de junio de 2014

COMO CAMBIA A PAISAXE?

O alumnado de 4º da ESO localizou en planos e fotografías aéreas a nosa zona de estudo e conservación no Río Lamas (Proxecto Ríos).



Isto levounos á lectura e interpretación de diferentes fotografías aéreas do entorno tomadas en distintos anos:

- Fotografía aérea do voo americano de 1956.
- Fotografía aérea do voo nacional de 1980-1986.
- Fotografía aérea actual.


A observación e análise destas fotografías aéreas tomadas con moitos anos de diferenza, levounos a comprender de forma xeral os cambios producidos na paisaxe ao longo de 60 anos.




ELABORACIÓN DUNHA MAQUETA DO ENTORNO DUN TRAMO DO RÍO LAMAS

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO estiveron a traballar na elaboración dunha maqueta a escala 1:2000 da nosa zona de estudo e conservación no Río Lamas (Proxecto Ríos).


O obxectivo desta actividade é o de acadar un mellor coñecemento do espazo físico traballando o paso do sistema de representación de planos acoutados a unha representación tridimensional.





LAND ART

O alumnado de 1º e 3º da ESO estivo a realizar intervencións artísticas no entorno natural máis próximo, cos materiais que este nos ofrece, aprendendo a crear novas paisaxes sen agresións e contribuíndo tamén ao respecto medioambiental.

Son intervencións directas na natureza realizadas dun xeito integrado e respectuoso co medio, que se transforman co paso do tempo e que teñen un carácter efémero claro.


Esta actividade ten como obxectivo que o alumnado desenvolva a capacidade de observar a natureza e intervir nesta dunha maneira respectuosa, comezando a comprender que na construción da paisaxe interveñen numerosos factores, como os sociais, culturais, naturais, económicos, etc.









CAMIÑANDO POR OUTRAS PAISAXES

Aproveitando que o Camiño Primitivo de Santiago pasa pola Fonsagrada, o alumnado de 1º e 3º da ESO están a entrevistar a peregrinos de diferentes nacionalidades.

O obxectivo destas entrevistas é coñecer as diferentes experiencias dos peregrinos que pasan pola nosa vila, saber que opinan da paisaxe do Camiño e da Fonsagrada e que nos falen das diferenzas que atopan entre as paisaxes dos seus países de orixe e o da Fonsagrada.

Facendo estas entrevistas o alumnado practica a expresión e a comprensión oral e a expresión escrita en Francés e Inglés ao tempo que coñece as experiencias dos diferentes peregrinos que entrevistan.

Esta actividade estase a levar a cabo dende os departamentos de Francés, Inglés e Educación Plástica e Visual.

Como exemplo, a continuación transcribimos a entrevista realizada polo alumnado de 3º da ESO a Hugo Côté, un peregrino canadense.

INTERVIEW D’UN PÈLERIN RENCONTRÉ EN CHEMIN VERS COMPOSTELLE

- Bonjour!
Nous sommes des étudiantes au Secondaire de ce village. Notre  groupe de classe est en train de travailler dans un projet sur les différents  paysages du monde.
Peut-on vous poser quelques questions?
- Oui.
- Est-ce qu’on  peut enregistrer cette interview et faire quelques photos?
- Oui.
- Comment vous vous appelez?
- HUGO CÔTÉ.
- De quel pays êtes-vous originaire?
- Du Canada.
- Où vous avez commencé à faire le Chemin de Saint-Jacques ? Quand êtes-vous parti?
- À Irun, le trente avril.
- Qu’est-ce que vous trouvez le plus difficile sur le chemin? et le plus génial?
- La communication, parler avec les gens. Le plus génial c’est que l’on peut faire des amis très vite.
- Le paysage de votre pays, comment est-il? Il est très différent du paysage de Fonsagrada?
- Au Canada il fait beaucoup de froid, il neige beaucoup. Oui il est assez différent.
- Est-ce que vous aimez le paysage de Fonsagrada? Qu’est-ce que vous avez aimé le plus du paysage de Fonsagrada?
- Oui, j’aime beaucoup le paysage de la montagne de Fonsagrada, l’architecture des maisons.
- Quel tronçon du Chemin de Saint-Jacques est, à votre avis, le plus joli?
- Pola de Allande et Campiello, surtout les hôpitaux qui se trouvent sur le Chemin. J’ai bien aimé l’architecture des hôpitaux et le paysage de la montagne.
- Quelles sont les raisons qui vous ont poussé à parcourir le Chemin?
- Un défi personnel, la curiosité le Chemin change les gens.
- Je vous remercie d’avoir accepté de participer à cette interview.
Merci beaucoup et Bon Chemin



Agradecemos a colaboración de todos os peregrinos e peregrinas que quixeron ser entrevistados.

jueves, 5 de junio de 2014

Aprendemos sobre as árbores

Alba e Lucía están aprendendo a recoñecer as árbores. E empezamos polas que temos mais cerca. tanto diante como detrás do Instituto.
Empezamos por recoñecer como é a cortiza e como son as follas das árbores. Aquí podedes velas en plena faena de calcado no tronco das árbores.













martes, 3 de junio de 2014

Contamos historias coas pedras

Parece incrible, pero é certo. Alba e Lucía alumnas do G.E. de 1º da E.S.O. están traballando con pedras recollidas no entorno e van a convertilas en pedras contahistorias. O proceso está empezando e deron os primeiros pasos xa. Para inspirarse usaron o Diccionario estrafalario de Gloria Fuertes. Seguiremos informando dos progresos feitos.