O alumnado de 1º e 3º da ESO estivo
a realizar intervencións artísticas no entorno natural máis próximo, cos
materiais que este nos ofrece, aprendendo a crear novas paisaxes sen agresións
e contribuíndo tamén ao respecto medioambiental.
Son intervencións directas na
natureza realizadas dun xeito integrado e respectuoso co medio, que se
transforman co paso do tempo e que teñen un carácter efémero claro.
Esta actividade ten como obxectivo
que o alumnado desenvolva a capacidade de observar a natureza e intervir nesta
dunha maneira respectuosa, comezando a comprender que na construción da paisaxe
interveñen numerosos factores, como os sociais, culturais, naturais,
económicos, etc.


No hay comentarios:
Publicar un comentario