martes, 19 de noviembre de 2013

A ruta dos pintores

Hoxe tocou ir de andaina. O Departamento de Educación Física organizou a primeira ruta de sendeirismo deste curso. E tocou ir pola ruta dos pintores,chamada así debido á existencia de dous recoñecidos pintores, Benxamín Álvarez e Manuel López Monteserín, nativos da zona. Puidemos ver tamén a igrexia de Santa María de Allonca e os teixos milenarios de Pántaras entre outras moitas cousas. Se queredes ver todas as fotos podedes facelo no noso facebook.

A continuación podedes ver este fermosísimo vídeo onde se apreza en todo o seu esplendor a fermosura dos nosos soutos, cas vellas carocas de castiñeiro, as antigas corripas, os regatos,...
Na andaina os alumnos recolleron setas e tamén soutaron, actividades ambas moi gratificantes para eles.



martes, 12 de noviembre de 2013

OUTONO FLORIDO

Unha grata sorpresa que levamos ó voltar ó instituto foi ver as peras que tiña o pereiro da parte de atrás. Que apetitosas!!!
 Por outra banda, na parte dianteira temos un outono florido, as flores resístense ó frío. Seguro que foi polo ben que coidamos o recinto durante o curso pasado.
Ben feito rapaces, agora se ven os froitos!!!



BOTAMOS OS NABOS




Os alumnos de 3º PDC xunto coa súa profesora Carmen Simón sacan as pedras do horto e botan os nabos.


 Que ben traballades rapaces!!!

PREPARAMOS O HORTO

A principios de setembro, empezamos a preparar o horto para despois poder plantar, pois despois do verán estaba un pouco abandonado.


Para iso procuramos a axuda dun tractor e unha fresadora que preparasen o terreo. Contamos coa inestimable axuda dun ex-alumno do centro Saúl López Lombardero.
Ó rematar o traballo o terreo do futuro horto xa parecía outra cousa:








ESTAMOS DE VOLTA!


Despois dun curto verán volven a empezar as clases e con elas retomamos o proxecto do ano pasado, con renovadas ilusións. 
Este ano 12 meses 12 paisaxes está incluído dentro do programa Sustentabilidade e Paisaxe.
A medida que vaiamos facendo actividades iremos publicando no blogue.

Un saúdo a todos e todas.