miércoles, 30 de abril de 2014

Semellanzas e diferenzas da paisaxe canaria e a paisaxe de A Fonsagrada

A viaxe de estudos de fin de curso dos alumnos de 4º da E.S.O. estivo chea de actividades na natureza. Nelas aprenderon as peculiaridades das especies endémicas da illa de Tenerife e viron semellanzas e diferenzas tanto de fauna e flora como do relevo volcánico propio da illa.
A ruta polas Cañadas do Teide coa explicación de fauna e flora tanto por parte do guía como polos alumnos serviulles para aprender sobre a biodiversidade e recoñecer especies e paisaxes que non existen na zona da Fonsagrada.



Na  baixada polo barranco de Masca ademais de especies de flora tamén houbo tempo para ver reptís e aves, e mentras se esperaba polo barco para voltar ata Los Gigantes tiveron a sorte de avistar golfiños.


O día adicado á espeleoloxía adentráronse nun tubo de lava volcánica e aprenderon sobre os diferentes tipos de lavas e erupcións volcánicas. Ademais tiveron unha explicación etnográfica sobre os antigos poboadores da zona, ademais de un recoñecemento visual da flora do lugar. Neste caso atoparon semellanzas con Galicia, en canto a cómo facian a malla e a presenza de pinos (canarios neste caso).