domingo, 26 de junio de 2016

DESEÑAMOS CIDADES_1º ESO (3/3)

UXÍA HAS DESIGNED THIS CITY

Hello! My name is Uxía and I am going to present my city.
On the right side there is a museum, a house and a court.
On the left side of the city, we have two houses, the sport centre and the school.
On the back we have the Government, a shoe store and a bakery.
On the downtown we have a library, the church and a book store.
There is also a supermarket, a hospital and a bar.






DESEÑAMOS CIDADES_1º ESO (2/3)

A NAIRA. CIDADE CREADA POR CARLA, PAULA E ROI

A nosa cidade chámase A Naira. É unha cidade costeira situada nunha illa perdida no Océano Pacífico.
A vida nela é moi cara polo costoso acceso a ela e pola dificultade de atopar diferentes alimentos dos que nos temos que abastecer a través do seu transporte en barcos.
A especie animal máis característica é o "Pernis", unha ave moi abundante nas grandes selvas da illa.
A cidade ten todos os equipamentos: edificios para a educación infantil e xuvenil, hospital, centro comercial, etc. e unha construción moi importante, o porto.


 Este é o plano da nosa cidade.


Esta é a maqueta da nosa cidade. 


Día de presentación da nosa cidade ao resto dos compañeiros

DESEÑAMOS CIDADES_1º ESO (1/3)

RAPTURE. CIDADE CREADA POR ANA, FERNANDO, HUGO, ÍKER E MAURO

Rapture é unha cidade que pertence ao país de Artstorka. 
A orixe desta cidade aínda non está moi clara, hai expertos que afirman que esta cidade foi creada por xente que escapaba das guerras e buscaban un lugar apartado dos continentes.
Na actualidade, Rapture é unha cidade máis ben turística aínda que tamén son moi importantes as empresasa de madeira. 
Empréganse enerxías renovables como a eólica ou a mariña.
O goberno está formado por:
- Presidente: Fernando Villabrille Rodil
- Ministro de Economía: Hugo Fernández López
- Ministro de Cultura e Deportes: Mauro Llano López
- Ministro de Exterior: Íker Fernández López
- Ministra de Educación: Ana Álvarez Amieiro


Esta é una imaxe do deseño da nosa cidade. Deseñamos a nosa cidade a través do videoxogo Cities:Skylines podendo desenvolver un planeamento urbanístico completo.



Imaxe do día que presentamos o deseño da nosa cidade na clase.

martes, 21 de junio de 2016

LAND ART

O alumnado de 1º da ESO estivo a realizar intervencións artísticas no entorno natural máis próximo, cos materiais que este nos ofrece, aprendendo a crear novas paisaxes sen agresións e contribuíndo tamén ao respecto medioambiental.

Son intervencións directas na natureza realizadas dun xeito integrado e respectuoso co medio, que se transforman co paso do tempo e que teñen un carácter efémero claro.


Esta actividade ten como obxectivo que o alumnado desenvolva a capacidade de observar a natureza e intervir nesta dunha maneira respectuosa, comezando a comprender que na construción da paisaxe interveñen numerosos factores, como os sociais, culturais, naturais, económicos, etc.












IMAXES E REFLEXIÓNS DE RUBÉN MÉNDEZ (ALUMNO DE 1º DA ESO) NA VISITA AO RÍO LAMAS

Ola! O día 3 de maio os alumnos do IESP Fontem Albei fomos ao río Lamas, pasámolo moi ben. Fixen unhas fotos do río e vídeos que vos vou a ensinar agora 




Esta araña atopouna o meu profe de Ciencias Naturais Miguel Pavón


 
Esta foto saiume cun efecto coma se fose unha cascada, como se os raios de sol pasaran entre as follas.


Esta fotografía fíxena porque me gustou o efecto que a luz do sol produce sobre as follas, véndose moi claras. A luz do sol tamén reflexaba na auga semellando que había luces por debaixo.

A seguinte foto é dunha paisaxe, fixeime no efecto da luz do sol entre as follas.


As seguintes fotos decidín facelas porque atopamos ovos de ra. Tamén atopamos as ras, pero non puiden facerlles fotos porque eran moi rápidas.
 

Os seguintes animais atopáronos os meus amigos no río e fíxenlles unhas fotos para despois poder investigalos na clase de Ciencias Naturais.

Espero que vos gustase a miña reportaxe...un saúdo.
Rubén Méndez






lunes, 20 de junio de 2016

A PAISAXE EN VÍDEO

Coas fotografías das distintas paisaxes que fomos tomando ó longo do curso fixemos este  fermoso video para dar a coñecer o noso concello alén das súas fronteiras.

jueves, 16 de junio de 2016

AS NOSAS PAISAXES

Os alumnos de 4º PDC realizan un estudio das paisaxes, vexetación e clima da Fonsagrada, aportan fotografías de distintas zonas do concello para despois facer unha comparativa xeral e finalmente realizar unha fermosa presentación a modo de conclusión que podes visualizar aquí.



lunes, 13 de junio de 2016

PREMIOS NO IESP FONTEM ALBEI NOS QUE SE FIXO REFERENCIA Á PAISAXE

Fabián Hernández Núñez de 3º ESO foi gañador dun premio áccesit da súa categoría do Certame de poesía Rosalía de Castro. Recolleu o premio o 10 de xuño na casa da Matanza en Padrón. Nos seus poemas hai referencias á paisaxe.

Podes ver a entrada completa no noso facebook.

Claudia Fernández Villabrille levou o primeiro premio na súa categoría  a nivel local no concurso da Biblioteca Municipal da Fonsagrada co relato “A serea” e o segundo premio a nivel provincial. Recolle o premio o día 28 de xuño na Biblioteca Municipal de Lugo. Mostramos aquí o fermoso relato no que se fai unha reivindicación do coidado dos nosos mares.

Podes ler o relato aquí.

jueves, 9 de junio de 2016

CÁLCULO DE ÁREAS E PERÍMETROS NA ENTRADA DO IES



Aproveitando o logo do IES que está á esquerda da entrada, os alumnos de 1º ESO identificaron distintos tipos de figuras planas, e despois tomaron as medidas necesarias para calcular as súas áreas e perímetros.

Os alumnos estaban repartidos en grupos de 3-4 e cada grupo tomaba as súas medidas. Máis tarde, na aula observamos que a área e o perímetro diferían bastante e iso dependía da exactitude das medidas.

Á hora de facer os cálculos uns decidiron facelo en papel e outros a través do ordenador. Amosamos un de cada tipo, un escaneado, e o outro, feito en Drive que  podedes consultar aquí.







Esperamos que vos guste!

RECICLANDO NO IES CON PAVÓN

O profesor de Bioloxía Miguel Pavón durante a súa andaina polo IES Fontem Albei levou a cabo unha intensa labor de concienciación entre toda a comunidade educativa da necesidade de reciclar.

Para facernos esta labor máis levadeira colocou "puntos limpos" en varios lugares do centro, onde se recollían: pilas, papel usado, tapóns, e carcasas de bolígrafos.

Incluso no Nadal se fixo unha árbore rechea de tapóns.



domingo, 5 de junio de 2016

CÁLCULO DE ALTURAS NO PATIO


Os alumnos de 4º ESO na clase de matemáticas saímos ó patio co obxectivo de calcular as alturas de determinados elementos que nos rodean.

Decidimos calcular as alturas dunha farola e do pararraios que están na parte traseira do IES, da Escola Fogar que é o edificio que está a noso carón e duns pinos da finca de enfrente (pensando en que despois tamén podemos cubicar a cantidade de madeira que teñen).




Escollemos mal o día, pois a pesares de estar en xuño tocounos unha mañá moi fría, pero armados co noso goniómetro tomamos as medidas dos ángulos correspondentes para despois poder calcular as alturas usando os métodos da tanxente ou da doble observación que aprendemos na clase de Trigonometría.

Ás veces será posible usar os dous métodos e así tamén podemos comparar a exactitude das observacións, e outras como no caso dos pinos só podemos usar a doble observación porque non podemos chegar xunto deles pois están noutra finca. En calquera caso, os alumnos son capaces de decidir.

Veremos a continuación as fichas onde aparecen os cálculos que fixeron e os resultados que obtiveron.

Noraboa rapaces. Fixestes un bo traballo!!!





jueves, 2 de junio de 2016

POLIEDROS E CORPOS DE REVOLUCIÓN NOS EDIFICIOS

Os alumnos de 1º de ESO aproveitando que estabamos estudando os corpos xeométricos buscaron en internet imaxes de edificios e construccións de calquer lugar do mundo que lles chamaran a atención pola súa forma.
Así aproveitamos para clasificar os distintos tipos de poliedros e corpos de revolución.
Estes son algúns exemplos do que atoparon varios alumnos:
        - Ana
        - Carla
        - Celia
        - Nano
        - Uxía
        - Hugo
Posteriormente, foron pola vila fotografiando todos aqueles elementos da paisaxe urbana que lles recordasen algún poliedro ou corpo de revolución.
A continuación expoñemos unha mostra das fotografías que tomaron: