lunes, 30 de noviembre de 2015

Proxecto de outono

Alba,Lucía, Rubén e Roberto empezamos co primeiro proxecto no recuncho do saber sobre o outono.
Para empezar puxemos nun folio todas as cousas que nos parecia importante coñecer sobre o outono. Cando xa tiñamos decidido que era o que queríamos aprender, empezamos a investigar. Aprendimos cantos meses dura o outono. Aprendimos sobre os froitos de outono e as festas. Tamén aprendimos que hai pintores e escritores que dedicaban obras ao outono.
O outono sirve de inspiración para algúns compositores que tamén aprendimos sobre eles.
Cando xa tiñamos todo claro puxemos todo o que nos pareceu importante nun mural. Ese foi o primeiro paso. O segundo consistiu en facer unha presentación en power point que poderedes ver no blog do recuncho do saber ou facendo click AQUI para o de Lucía e AQUI para o de Alba. Rubén fixo este proxecto que podedes ver facendo click AQUI e o de Roberto se facedes click AQUI
Aprendimos moitas cousas sobre o outono.




miércoles, 25 de noviembre de 2015





           
CAMIÑATA  : A FONSAGRADA-PARADAVELLA



 

O día 10 de Novembro os alumn@s acompañados de seis profesores do centro fixemos unha camiñata polo trama do camiño Primitivo de Santiago, A Fonsagrada-Paradavella, pasando pola Pobra de Burón.

Saímos todos xuntos do instituto da Fonsagrada pola mañá, andamos por corredoiras, pola estrada e cruzamos algunhas aldeas do concello.  Pasamos pola Pobra , a antiga capital das terras de Burón onde  nos amosaron a igrexa parroquial. Seguimos o camiño pasando por pradeiras onde había gando, e por carreiros onde tiñamos que pasar de un en un.


Chegamos, á hora de comer, ás ruinas do Hospital de Montouto situada na Ruta do Hospital, onde comemos os bocadillos e descansamos facendo fotos ás contrucións, dolmen, paisaxe, e entre nós. Seguimos o camiño, xa moitos cansos. Algúns rapaces caeron na ruta, xa que nalgúns tramos o chan era de pedra rochosa e supuña algunha dificultade pasalas, noutros treitos o camiño atopábase asolagado e esvarábase.


Polo camiño , antes de chegar a Paradavella,fixemos numerosas paradas para beber e descansar. Demos chegado a Paradavella antes da hora. Agardamos que algúns compañeiros fosen ao baño e montamos nos autobuses. Despois dun pedazo chegamos ao instituto . A moitos encantounos esta curta viaxe.
 



Laura García- Alumna 4º ESO