martes, 19 de noviembre de 2013

A ruta dos pintores

Hoxe tocou ir de andaina. O Departamento de Educación Física organizou a primeira ruta de sendeirismo deste curso. E tocou ir pola ruta dos pintores,chamada así debido á existencia de dous recoñecidos pintores, Benxamín Álvarez e Manuel López Monteserín, nativos da zona. Puidemos ver tamén a igrexia de Santa María de Allonca e os teixos milenarios de Pántaras entre outras moitas cousas. Se queredes ver todas as fotos podedes facelo no noso facebook.

A continuación podedes ver este fermosísimo vídeo onde se apreza en todo o seu esplendor a fermosura dos nosos soutos, cas vellas carocas de castiñeiro, as antigas corripas, os regatos,...
Na andaina os alumnos recolleron setas e tamén soutaron, actividades ambas moi gratificantes para eles.



martes, 12 de noviembre de 2013

OUTONO FLORIDO

Unha grata sorpresa que levamos ó voltar ó instituto foi ver as peras que tiña o pereiro da parte de atrás. Que apetitosas!!!
 Por outra banda, na parte dianteira temos un outono florido, as flores resístense ó frío. Seguro que foi polo ben que coidamos o recinto durante o curso pasado.
Ben feito rapaces, agora se ven os froitos!!!



BOTAMOS OS NABOS




Os alumnos de 3º PDC xunto coa súa profesora Carmen Simón sacan as pedras do horto e botan os nabos.


 Que ben traballades rapaces!!!

PREPARAMOS O HORTO

A principios de setembro, empezamos a preparar o horto para despois poder plantar, pois despois do verán estaba un pouco abandonado.


Para iso procuramos a axuda dun tractor e unha fresadora que preparasen o terreo. Contamos coa inestimable axuda dun ex-alumno do centro Saúl López Lombardero.
Ó rematar o traballo o terreo do futuro horto xa parecía outra cousa:








ESTAMOS DE VOLTA!


Despois dun curto verán volven a empezar as clases e con elas retomamos o proxecto do ano pasado, con renovadas ilusións. 
Este ano 12 meses 12 paisaxes está incluído dentro do programa Sustentabilidade e Paisaxe.
A medida que vaiamos facendo actividades iremos publicando no blogue.

Un saúdo a todos e todas.

viernes, 5 de julio de 2013

ATA SETEMBRO

Con esto damos por rematada a nosa labor durante este curso.
Estamos moi satisfeitos dos resultados obtidos e tamén da participación tanto de alumnos coma de profesores( participantes no Plan Proxecta ou non).
GRACIAS A TODOS POLA VOSA AXUDA, SEN ELA NON SERÍA POSIBLE!
Pretendemos volver en setembro para dar máis guerra.

PECHADO POR VACACIÓNS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

XARDÍN

Os alumnos de 1ºESO coa súa mestra Inés van ó horto por abono para despois botalo no ovoide de dirección. Ademais recolleron pedras que empregaron facer unha pequena separación no xardín, nesta parceliña definida hai prímulas, flores de defuntos, hortensias e outros rosais.
Moi ben traballades rapaces!

A VOLTAS CO HORTO

O terreo destinado para o horto anteriormente era campo, entón necesita máis abono que se fora terra traballada, e polo tanto o abono que extenderon Manolo García e os alumnos de 2º ESO soupolle a pouco.
Entón foron de segundas os alumnos de 1º ESO con Carmen Fdez Simón a extender outro pouco. Tamén intentaron facer uns regos, pero a terra estaba moi dura, eles boa intención puxéronlle... e ata aquendaron pero a labor era moi pesada, estaban desexando que tocase o timbre...


Aínda non deixaron todo feito os de 1ºESO e voltou Carmen con outros alumnos de 4ºPDC e algunha máis que pillou por alí... ah, era Sara de 1ºBAC seguro que estaba ociosa e un pouco de traballo non fai mal a ninguén!

Agora queda o terreno ben abonado e para poñer a terra a producir só nos falta fresar a terra e botarlle uns nabiños, tarefa que faremos en agosto ou a primeiros de setembro. Ata daquela deixamos que o abono faga o seu efecto.

SEGA

Os alumnos de 1º ESO axudados pola súa mestra Inés Pérez segaron e limparon o frente do centro. Para segar a herba usaron un cortacéspede e logo xuntárona con un angazo.
Traballaron moito e deixaron todo limpiño que daba gloria velo.


AS NOSAS ALDEAS

Os alumnos de 4º PDC coa súas profes Pilar Sobrado e Carmen Fdez Simón elaboraron un mural, que está exposto no pasillo, no que fan unha pequena descrición da situaciónda súa aldea no Concello e dos seus límites xeográficos. Ademais cada un aporta unha foto da súa aldea en cada estación do ano.

TRABALLANDO NO HORTO

Estamos preparando o terreo para labrar o horto o vindeiro curso. Sacamos as pedras e despois os alumnos de 2º ESO xunto con Manolo García foron extender o abono.

jueves, 4 de julio de 2013

A BRIGADA VERDE CONTINÚA EN ACCIÓN

A nosa Brigada Verde segue a facer labores de limpeza e mantemento do recinto do centro.

Esta vez é a alumna Andrea Llano de 2º ESO que saca restos de maleza do frente do centro e os tira na parte de abaixo do recinto.


lunes, 1 de julio de 2013

Dende a miña fiestra

Os alumnos de 3º ESO realizaron un video con fotos tomadas da paisaxe que se vé dende a súa fiestra ao longo do curso coa intención de ver como cambia, o vídeos podedeos ver nestes enlances.



miércoles, 26 de junio de 2013

DESCUBRIMOS O SENDEIRO DE GALLOL
 Aproveitamos a ruta do Sendeiro de Gallol para descubrir a nosa paisaxe de ribeira de montaña para practicar a xeolocalización de imaxes. Este é o resultado.


Ver Andaina por Vilardíaz en un mapa más grande

DESCUBRINDO AS COMARCAS GALEGAS

XEOLOCALIZANDO IMAXES

Na materia de Ciencias Sociais en 3º de ESO, cada alumn@ investigou a paisaxe dalgunha das comarcas de  Galicia. Elaboraron unha presentación de xeito colaborativo empregando a ferramenta de google drive con imaxes de cada zona en paralelo a poemas de Rosalía de Castro (co gallo do aniversario de Cantares Gallegos). Paralelamente descubriron o mundo das licenzas creative commons e o da xeolocalización. Así nos mapas aparecen xeolocalizadas as imaxes seleccionadas de cada comarca. A continuación  poñemos os enlaces aos mapas e ás presentacións multimedia creados polo alumnado.

Alba e as árbores

Alba é unha alumna de 1º da E.S.O. moi especial. É moi  traballadora e moi constante nas suas tarefas e no terceiro trimestre traballou nun proxecto de prantas e animais cos seus profesores Gloria Fdez Blanco, Fran Lamas e Patricia Muñoz-Ayala. Aprendeu os tipos de follas que existen e a que árbores pertencen. Tamén aprendeu como eran as cortizas das árbores.
Sabendo como é a cortiza e o tipo de folla da árbore, aprendeu a distinguir as árbores das que fixeran a poda dentro do Instituto e incluso algunha que está fóra do recinto, pero que nos queda xusto de frente.
Aprendeu tamén cales eran os animais que viven nos nosos montes e os que viven noutros lugares e incluso elexiu ós seus favoritos
Este foi parte do traballo que fixo a nosa alumna Alba.




As estacións e a paisaxe.

Este curso os alumnos e alumnas de 1º da E.S.O. aprenderon moito sobre o seu entorno. Outro proxecto que fixeron con Patricia Muñoz-Ayala foi o denominado 4 paisaxes 4 estacións, que estivo encadrado dentro do Proxecto Interdisciplinar.
O proxecto consistiu en elexir unha paisaxe e unha árbore e fotografiala en cada unha das diferentes estacións do ano. Sólo nos faltou o verán porque como entrou o mesmo día en que se remataban as clases, non deu tempo a deixalo retratado.
Nesta presentación podedes ver un exemplo dos traballos que se fixeron.

Eu viaxeiro

Os alumnos e as alumnas de 1º da E.S.O. fixeron un proxecto, coa sua profesora Patricia Muñoz-Ayala, ó que chamaron "Eu viaxeiro". Crearon un alter ego troquelado de cada un deles e mandáronos de viaxe. Aproveitandose de coñecidos, amigos ou familiares, enviaban ó eu viaxeiro a percorrer mundo,e claro fixéronlle fotos.
Pero tamén lle fixeron fotos nas suas casas. Con isto o que se pretendía era poder apreciar as diferentes paisaxes en diferentes lugares. Para mostra deixamos aquí dous "eu viaxeiros" que chegaron ata Santa Cruz de Tenerife e voltaron.


martes, 25 de junio de 2013

RECEITAS FEITAS COS NOSOS COGOMELOS

Os alumnos de 1º e 2º de ESO axudados polas profes Gloria, Chelo e Carmen Gómez fixeron este breve recetario que contamos se amplíe en anos vindeiros.


A Pola Vila

A Pola Vila é o xornal que realizaron os alumnos/as de 4º da ESO coa axuda dos profesores Delia Polo e Gabino González. Dentro do xornal realizaron reportaxes sobre distintas actividades do plan realizadas no primeiro trimestre.

martes, 21 de mayo de 2013

ELABORAMOS FICHAS DOS COGOMELOS

Os alumnos de 1º e 2º de ESO axudados pola súa mestra Gloria foron recollendo datos sobre varios tipos de cogomelos existentes no entorno do instituto.
Esta idea xurdiu a partir da exposición que se fixera no outono no vestíbulo.
Seguramente o curso vindeiro iremos aumentando este rexistro de cogomelos.

jueves, 16 de mayo de 2013

O monte é a nosa vida

O pasado mércores 24 de abril viñeron darnos unha charla sobre os montes de Galicia.

Faláronnos sobre a importancia dos montes, dos tipos de árbores, dos eucaliptos, etc.

Primeiro informáronnos de datos relevantes sobre a extensión forestal de Galicia e sobre datos de produción arbórea.

Despois contáronnos os perigos e riscos dos incendios. A continuación dixéronnos que había tres tipos de bosque: oceánico, de montaña e mediterráneo.

Tamén houbo unha discusión entre un alumno e un dos conferenciantes que estaba confundido sobre o tema dos eucaliptos.
Aclarounos que os pinos do país non eran do país.





Por Manuel e Álvaro 4ºESO

miércoles, 15 de mayo de 2013

PLANTAMOS

Algúns alumnos de 4ºESO e Mogli de 2ºBAC axudados por Manuel García estiveron plantando árbores na parte traseira do recinto do centro, aproveitando para conmemorar o día da árbore.
Este ano plantamos abeleiras que nos trouxo o noso amigo Indalecio cando veu inxertar.
A ver se teñen sorte e prenden pois xa lles caeron dúas nevadiñas enriba.


INXERTO

Fomos inxertar os cursos de 2º e 3º da ESO un castiñeiro duns dez anos que está no fondo do recinto do centro.
  • Primeiro cortamos o tronco á altura dun metro e medio aproximadamente para poder chegar.
  • Posteriormente pélase a corteza un pouco ao redor e logo  introdúcese entre a corteza e o tronco un pau en forma de cuña para facer un oco onde se introduce unha rama de castiñeiro grilada, como moi ben nos explicou Indalecio de San Martín de Suarna (Mongarillo),  moi experimentado no tratamento das árbores.
  • Despois cubrimos ao redor cunha pasta gris para evitar posibles fungos e bactérias.
  • Ao final envólvese con cinta aislante e se se quere pódeselle poñer unha bolsa por enrriba para aislar algo do frío.

NA FONSAGRADA HABERÁ PRIMAVERA FLORAL

O alumnado de 1º ESO xunto coa mestra Inés adícanse ó acondicionamento da frenteira esquerda do centro.
Ai Manueliño, Manuel...

  • Cada neno adopta unha pranta ou arbusto da parcela do "OVO".
  • Con sacho arrincamos marañas e marañas de ortigas. Con coitelos: carrelos, mexacáns, estoupaburros,...(malas herbas).
  • Recortamos raíces do invasor cinamomo (a poda xa fora no seu mes).
  • Cavouse a terra do óvalo. Arredor e en puntos simétricos botámo-los bulbos: lilium, gladiolos, narcisos, xacintos, iris,... No resto do espazo acomodámo-las margaritas africanas (xerberas).

COMEZAMOS POLA ENTRADA


viernes, 10 de mayo de 2013

3º PODA

Os alumnos de 3º da ESO do IESP Fontem Albei asesorados por Manolo García tamén participaron na poda das árbores do recinto do centro, unhas veces con máis maña que outras, pero fixeron o que poideron.
O que conta é a intención!!!

4º PDC TAMÉN PODA

Os alumnos de 4º PDC do IESP Fontem Albei estiveron podando as roseiras e arbustos da parte frontal do centro alá polo mes de marzo. Traballaron moi duramente no único día do mes que non choveu. Fixérono botándolle moitas ganas pois a cousa estábache moi moi complicada. Pola tarde axudáronlles un pouquiño algúns alumnos de 1º de ESO. Como esto xa foi fai uns días, agora os arbustos xa están en todo o seu esplendor e podemos ver a diferenza.

jueves, 9 de mayo de 2013

AS MARCAS NOS NOSOS SOUTOS

MARCAS NOS NOSOS SOUTOS - A FONSAGRADA

A partir do traballo que se fixera no outono no vestíbulo acerca do magosto e os nosos soutos, os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO do IESP Fontem Albei, coordinados pola súa mestra Gloria, realizaron un traballo de recollida das marcas que se facían antigamente nos castiñeiros.
Os rapaces foron casa por casa preguntando a veciños, familiares e amigos, posto que cada casa ten a súa propia marca, que moitas veces, en distintas aldeas aparecen repetidas.
O vindeiro ano aumentaremos este rexistro de marcas.

lunes, 29 de abril de 2013

SOUTO GALLOL

-->
O noso centro organizou unha nova andaina para todos aqueles aos que lles gusta camiñar. Esta vez foi ao “Souto de Gallol”, considerado un dos maiores soutos en canto a extensión de todo o mundo.
Ata aquí fomos alumnos de todos os cursos da ESO acompañados polos profes: Miguel Carricoba, Manuel García, Laura Arrojo, Inés Pérez e a auxiliar de conversa Meghan, para coñecer as bonitas paisaxes agochadas neste lugar. Algo curioso que poidemos ver son as corripas ou ouriceiras, unhas pequenas construcións utilizadas antigamente para meter nelas ourizos recollidos no outono e posteriormente, cando o ourizo pudrira por fóra, coller o froito: a castaña.
A ruta foi duns sete quilómetros aproximadamente e, para poder descansar, decidimos facer unha pequena parada no Trobo, un pobo situado a uns 10km. da Fonsagrada que conta cun castañeiro centenario situado no centro da aldea.

martes, 23 de abril de 2013

PODA


 Le 20 février dernier, Indalecio Llano Castelao, (Mongarillo) de San Martín de Suarna ,est venu à notre établissement pour nous parler sur l'élagage.
L'élagage consiste à orienter ou limiter le développement d'un arbre. C'est un processus biologique naturel d'abandon des branches, ou parfois d'une partie du houppier, afin d'optimiser les ressources et dépenses d'énergie de l'arbre.
D'abord, nous avons observé l'état des arbres pour à continuation les assainir.
Avec les outils nécessaire de l'élagage, les élèves et les professeurs ont participé à cette activité.
On a utilisé une scie coupe branche pour les branches plus fortes, et un ébrancheur d'élagage pour les plus fines.
Cette activité a été très amusante et très éducative, qui nous a appris à respecter et à vivre avec la nature.




miércoles, 17 de abril de 2013

BRIGADA VERDE


Algúns alumnos do IESP Fontem Albei prestaron a súa colaboración para limpar os arredores do centro. O grupo de limpeza chamado Brigada Verde ocupase de manter o recinto do instituto limpo.
Grazas a súa colaboración e solidaridade podemos disfrutar dunha paisaxe limpa.

jueves, 11 de abril de 2013

O NADAL

Realizamos esta actividade aproveitando o ecosistema usado anteriormente para outras actividades.
Desta volta o que fixemos foi representar un Belén o cal estaba formado con pezas artesanais: castelos de corcho, muiños de madeira, casiñas pequenas, horreos típicos da zona, carro,....(aportados polo departamento de tecnoloxía).
As principais figuras(reis, neno, María, Xosé,...) estaban elaborados con pedras do río de Naraxa.
No cambio da ambientación e preparación para colocar o nacemento participou o alumnado de 1º e 2º da ESO e sobre todo o GE de 2º que elaboraron as sebes de cierre, paredes, etc... Tamén participaron na elaboración das figuras de pedra. Os alumnos de 3º axudaron a retocalas definitivamente e unha sesión a colocalas.
Nestas datas tan sinaladas o profesorado animounos a realizar un concurso de postais, estiveron expostas nas entrada do instituto para que todo o mundo as poidese ver, e finalmente o xurado escolleu as mellores.
Para amenizar a nosa estancia, decoramos unha árbore con Papa Noeis (feitos a man) e luciñas de cores que posteriormente se colocou na entrada do instituto xunto as postais.
Esperamos repetir esta experiencia.

martes, 9 de abril de 2013

O NOSO SOUTO


Durante o mes de novembro e aproveitando o ecosistema feito no vestíbulo na época dos cogomelos, o alumnado de 1º ESO coa súa profe Gloria mudou algunhas especies vexetais para poder apreciar a paisaxe na época da souta e desenvolver a actividade do magosto. Os alumnos aportaron especies arbóreas e arbustivas típicas dun souto.
 Investigamos os tipos de castañas e castiñeiros e fixemos unha recollida e exposición das marcas dos castiñeiros dos nosos soutos.
Recollemos cantigas, refrans, ditos, etc preguntando os avós e expuxémolas no taboleiro do centro.



Tamén tivemos unha xornada de degustación e disfrutamos de xogos coas castañas.














MAGOSTO

O pasado mércores, 5 de decembro, no IESP Fontem Albei celebramos o magosto. Para iso, durante esta xornada, fixemos uns xogos moi divertidos. 
En primeiro lugar os alumnos de 1º e 2º da ESO concursaron para ver quen recollía o maior número de castañas nun souto que eles mesmos recrearon no instituto. Despois disto, todos aqueles que quixeron participar ( alumnos e profesores), fixeron un xogo que consistía en que cada grupo de seis persoas debía pasar a maior cantidade posible de bolsas de castañas cos pés dun membro a outro do grupo sen que dita bolsa caera ao chan.
Para rematar as actividades, cada parella que quixo participar bailou distintas cancións cun pequeno saco de castañas que ambos debían suxeitar coa frente sen que esta bolsa caera. Os que máis tempo aguantaron bailando foron os gañadores.               
Non podiamos deixar o magosto ben celebrado sen degustar o froito típico desta época polo que, cando remataron todas as actividades, comemos castañas asadas mentras alguns alumnos de 3º e 4º da ESO xunto co profesor de música nos amenizaban cunhas pezas de gaita que eles mesmos tocaban.
Os mellores concursantes de cada proba tiveron un premio en metálico, ao igual que  os nenos que tocaron a gaita, que lles foi entregado para dar así por rematada esta xornada de magosto.
 













RUTA LAMAS-SEIMEIRA DE VILAGOCENDE


DENDE LAMAS A VILAGOCENDE.-

O pasado día 7 de novembro o noso instituto programou unha camiñata para todos os alumnos do centro que ía dende Lamas de Moreira ata a Seimeira de Vilagocende, pasando polos pobos de Cereixido e Souto, acompañados polos profesores: Concepción Boente, Antonio Iturralde, Manolo García, Delia Polo e Montse Testa. Tamén nos acompañou a auxiliar de conversa Meghan.

No primeiro pobo, Federico recitounos unhas cantigas populares da zona que se remontan a época da guerra.
Para xantar paramos ó pé do río Lamas onde comemos uns bocadillos para despois continuar coa viaxe. Seguimos camiñando ata chegar ao final do recorrido , a seimeira, onde algúns compañeiros nosos aproveitaron para meterse na auga. Dende alí collemos o autobús cara á Fonsagrada






jueves, 7 de marzo de 2013

OS NOSOS COGOMELOS


No vestíbulo estamos creando unha pequena reprodución do ecosistema dos cogomelos da zona. A actividade consiste en que cada alumno aporte de xeito voluntario distintos exemplares destes fungos que atope. Estes serán colocados nunha especie de relevo montañoso recreado con mofo. É unha iniciativa levada a cabo polos alumnos de 1ºESO coa axuda dos profesores de Ciencias Sociais (Gloria) e Naturais (Fran).






O venres nove de novembro tivemos unha degustación de pizzas nas que o ingrediente principal eran os cogomelos recollidas polos alumnos que realizaron esta actividade.