jueves, 23 de febrero de 2017

Acuario

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía quixo aumentar a matrícula do Instituto cuns novos alumnos moi especiais. Os peixes deste acuario xa son uns dos compañeiros mais queridos do Instituto.

jueves, 16 de febrero de 2017

SOL CON PERSONALIDADE

O astro rei fai posible a vida na Terra, tamén consegue que alumos e alumnas de 2º de ESO o teñan como protagonista das súas creacións poéticas. Valéndose do recurso da personificación, traballado nas clases de Lingua e Literatura Galega, logran que o sol se vexa reflectido nos versos  con trazos que o humanizan.

A creatividade segue viva nas nosas aulas e continuamos a sensibilizarnos co medio que nos rodea do que só somos unha minúscula parte, deixámonos atrapar pola súa grandiosidade e xogamos a ser poetas. Aquí vos deixamos mostras destas creacións.

Xogar e aprender, que ben nos ven!