O astro rei fai posible a vida na Terra, tamén consegue que alumos e alumnas de 2º de ESO o teñan como protagonista das súas creacións poéticas. Valéndose do recurso da personificación, traballado nas clases de Lingua e Literatura Galega, logran que o sol se vexa reflectido nos versos con trazos que o humanizan.
A creatividade segue viva nas nosas aulas e continuamos a sensibilizarnos co medio que nos rodea do que só somos unha minúscula parte, deixámonos atrapar pola súa grandiosidade e xogamos a ser poetas. Aquí vos deixamos mostras destas creacións.
Xogar e aprender, que ben nos ven!
No hay comentarios:
Publicar un comentario