martes, 9 de abril de 2013

MAGOSTO

O pasado mércores, 5 de decembro, no IESP Fontem Albei celebramos o magosto. Para iso, durante esta xornada, fixemos uns xogos moi divertidos. 
En primeiro lugar os alumnos de 1º e 2º da ESO concursaron para ver quen recollía o maior número de castañas nun souto que eles mesmos recrearon no instituto. Despois disto, todos aqueles que quixeron participar ( alumnos e profesores), fixeron un xogo que consistía en que cada grupo de seis persoas debía pasar a maior cantidade posible de bolsas de castañas cos pés dun membro a outro do grupo sen que dita bolsa caera ao chan.
Para rematar as actividades, cada parella que quixo participar bailou distintas cancións cun pequeno saco de castañas que ambos debían suxeitar coa frente sen que esta bolsa caera. Os que máis tempo aguantaron bailando foron os gañadores.               
Non podiamos deixar o magosto ben celebrado sen degustar o froito típico desta época polo que, cando remataron todas as actividades, comemos castañas asadas mentras alguns alumnos de 3º e 4º da ESO xunto co profesor de música nos amenizaban cunhas pezas de gaita que eles mesmos tocaban.
Os mellores concursantes de cada proba tiveron un premio en metálico, ao igual que  os nenos que tocaron a gaita, que lles foi entregado para dar así por rematada esta xornada de magosto.
 













No hay comentarios:

Publicar un comentario