lunes, 29 de abril de 2013

SOUTO GALLOL

-->
O noso centro organizou unha nova andaina para todos aqueles aos que lles gusta camiñar. Esta vez foi ao “Souto de Gallol”, considerado un dos maiores soutos en canto a extensión de todo o mundo.
Ata aquí fomos alumnos de todos os cursos da ESO acompañados polos profes: Miguel Carricoba, Manuel García, Laura Arrojo, Inés Pérez e a auxiliar de conversa Meghan, para coñecer as bonitas paisaxes agochadas neste lugar. Algo curioso que poidemos ver son as corripas ou ouriceiras, unhas pequenas construcións utilizadas antigamente para meter nelas ourizos recollidos no outono e posteriormente, cando o ourizo pudrira por fóra, coller o froito: a castaña.
A ruta foi duns sete quilómetros aproximadamente e, para poder descansar, decidimos facer unha pequena parada no Trobo, un pobo situado a uns 10km. da Fonsagrada que conta cun castañeiro centenario situado no centro da aldea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario