lunes, 20 de marzo de 2017

Axuda para a poda

Estamos convencidos de que o coidado do noso entorno e a concienciación sobre ese coidado e a apreciación da riqueza natural é unha cousa de todos. E para demostralo, estamos tendo pais de alumnos que veñen a axudarnos a manter o xardín e as árbores do noso centro en perfectas condicións. Esta vez foi JOsé MAnuel, o pai de Igor de 1º da E.S.O. quen de achegou de maneira voluntaria ata o centro para axudar coa poda.
Moitas grazas pola axuda e estamos desexosos de que se repita!




No hay comentarios:

Publicar un comentario