A partir da lectura do libro Exogamia 0.3 de Caride Ogando, os rapaces de 2º ESO déronse conta da explotación que hai en zonas do chamado Terceiro Mundo de minerais como o coltan e que conleva tamén a escravitude infantil. Dela saíu unha reflexión que puxeron por escrito nunha carta ao director que foi publicada o día 21 de abril en El Progreso.
CARTA AO DIRECTOR DESDE O IES PLURILINGÜE FONTEM ALBEI DA FONSAGRADA (08/04/2016)
Somos alumnos e alumnas de segundo da ESO do IES Plurilingüe Fontem Albei da Fonsagrada.
Desde aquí queremos transmitir aos lectores deste xornal:o sentimento de pena,indignación e vergonza allea provocado pola deplorable situación na que viven algúns rapaces do mal chamado Terceiro Mundo.
Nós somos conscientes de que hai xente moi xoven traballando de sol a sol,en minas,para conseguir metais como o coltan,cos que eles non gañan practicamente nada,e despois úsanse para construir os nosos luxos. Entre eles hai nenos que ven a súa saúde en estado moi crítico,debido a produción de gases tóxicos que teñen que inhalar.
Por todo isto,e por máis razóns,facemos un chamamento aos seguidores deste xornal,para que doen tan só un euro a algunha ONG.Un euro que,para nós pode ser insignificante,pero para eles pode ser todo. Podemos salvar vidas.
Autores:Tamara, Iago, Inés, Cristina, Javier, Pablo, Martín, Noelia, Ana, Carmen, Isabel, Alejandro, Naor ,Lucía (e a nosa mestra Delia).
No hay comentarios:
Publicar un comentario