DEBUXO- POESÍA. 4º ESO
Elementos que se xuntan para facer un todo, ao que tamén Nia Perona, alumna de 4º da ESO sumou a natureza. Cando traballamos este curso a poesía de vangarda a rapazada estivo xogando e creando poemas cuxos versos representaban diferentes formas. Os de Nia debuxaban unha paisaxe que nos é ben coñecida: montañas, sol e lúa acadan o seu protagonismo.| Caligrama creado por Nia Perona, 4º ESO |
Altos cumes que se alzan, xigantes da terra
vermella e rochas que choran, e herbas
que bailan aos pés dunha altura descomunal.
Un sol que berra cores que o eco absorbe.
A vida nos teus brazos.
Toda a luz na túa alma.
que gardas ouro, do mellor.
E a lúa que chora
porque ten que matarte
todas as noites frías.
E que se esconde no día
avergoñada por saír
en noites murchas de melancolía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario