O alumnado segue coa súa vea poética e móstannos aquí uns versos nos que, inspirados pola mestría de Manuel Antonio no seu poema "Sós", se mantén un diálogo entre a soedade e a paisaxe que nos envolve, converténdose incluso en paisaxe interior. A inmensidade das nosas montañas énos propicia para a reflexión sobre a vida e a soedade que ás veces nos acompaña. Unha vez máis natureza e sentimentos unidos polo lirismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario