Cando o material informático co que traballamos deixa de funcionar ou de ser útil, temos varias opcións para desfacernos del. A máis habitual (desgraciadamente) é depositalo discretamente no colector máis próximo, cando non deixalo directamente na rúa. Existen con todo dúas alternativas moito máis ecolóxicas e amigables que a primeira, a reciclaxe e a doazón.
Chumbo, selenio, cadmio, mercurio e outros, son elementos prexudiciais para a nosa saúde, por non falar xa do medio ambiente e do impacto que supón non só o tipo de residuos, senón a súa cantidade.
Hoxe en día, para os equipos adquiridos a partir do 1 de xaneiro de 2006, podémonos acoller á normativa vixente, o Real Decreto 208/2005, que regula entre outras cousas a xestión dos residuos electrónicos e eléctricos. Segundo este, son os fabricantes dos aparellos os que están obrigados a facerse cargo da súa reciclaxe e mesmo de recollelo no domicilio do seu cliente, sen posibilidade de repercutir ningún custo a este último (con toda probabilidade xa o repercutiron no prezo do aparello).
En caso de equipos adquiridos antes desta data ou ordenadores clónicos, sen marca, os usuarios temos a alternativa de depositalos en puntos verdes, limpos, ecoparques, ou como os chamen en cada lugar. Moitos concellos teñen establecidos sistemas de recollida que cobren esta necesidade, sendo eles os que se encargan de transportar os residuos aos puntos adecuados.
Se tedes material de refugallo, non dubidedes en poñervos en contacto co concello do voso municipio para preguntar se ofrecen este servizo. Se non é así, ou preferides facelo vós mesmos, ao final da entrada déixovos unha ligazón á páxina da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), na que dispoñen dunha base de datos de puntos limpos na que poderedes buscar aqueles próximos á localización da vosa empresa.
Aquí nós fixemos así, e tamén optamos pola reutilización. Existen compoñentes que poden ser empregados para substituir outros danados ou ben para ampliar as capacidades doutro ordenador compatible e de características similares.
Da teoría á práctica
Foto: alumnos da FP Básica facendo a desmontaxe de ordenadores e separación de compoñentes para a súa futura reutilización e/ou reciclaxe.






Da teoría á práctica
No hay comentarios:
Publicar un comentario